jueves, 25 de junio de 2015

EXPOSICIÓN OFICIOS DO MAR

Durante todo o mes de maio e xuño, realizamos unha exposición: Os diferentes cursos realizaron unha visita a exposición e depois realizaron traballos baseados nesta.
  • Os oficios do mar
  • A pesca de baixura
  •  a conserva dos rodutos do mar
  • construción e conservación de aparellos












jueves, 30 de abril de 2015

CONCURSO DE HORTOS : LEMBRANDO A XENTE DO CAMPO

A continuación mostrámosvos un resumo da gran participación no concurso:"Lembrando a xente do campo"

A comisión encargada da selección dos premiados vai a telo moi dificil¡¡¡¡¡

 

martes, 28 de abril de 2015

3º ESO INGLÉS: FROM FARM TO TABLE

Os alumnos/as de terceiro de ESO fixeron un vídeo para explicar todas as actividades do proxecto 14-15. Esperamos que vos guste!

 

CONCURSO HORTOS: LEMBRANDO A XENTE DO CAMPO

Comeza a primaveira, e queremos rendir un homenaxe á xente do campo. Convocamos este concurso no que podedes participar tanto o alumnado de Primaria como o de secundaria. Esperamos que participedes moitos e o fagades con moita creatividade e sobre todo moita ilusión.


 

OBRADOIRO: APRENDENDO A TRABALLAR O MIMBRE

Os alumnos maiores aprenderon a traballar co mimbre e fixeron lapiceiros.




OBRADOIRO DE KOKEDAMAS

A Kokedama é unha técnica xaponesa é con ela se consiguen plantas ornamentais, mediante unha bola de musgo.

Cada rapaz fixo a súa propia kokedama, utilizaron turba e sustrato especial para bonsai, realizaron un oco para facer sitio á planta, cunha corda rodearon a bola e atárona, conseguindo que o soporte foxe mais estable, por último cubriron a bola con musgo.




OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICIÑAIS

O OBXEctivo do obradoiro foi:
Que os nenos/as aprendan que as plantas aromáticas tamen son plantas  mediciñais.
Cómo poden usalas na vida diaria como botiquín de urxencias: para golpes, moretons, dores, picaduras, sequedade na pel, etc.

Os nenos trouxeron plantas da casa: as estudamos e usamos para elaborar algún pequeno remedio: aceite ou tónico.

Cada neno levou para a súa casa unha mostra

Material empregado:

 Plantas medicinais / aromáticas

 Alcohol de 96º (25 ml/neno)

 Aceites: xirasol (25 ml/neno)

 Pequeño dosificador plástico por neno.

 Grupos de 25 nenos


OBRADOIRO BOMBAS DE SEMENTES

O obradoiro consistiu en dúas fases: 
Na primeira xornada falamos das bombas de sementes: de qué están compostas, a súas utilidades e beneficios. 

A continuación os nenos/as fabricaron varias bombas de sementes segundo as indicacións que deixaron a secar para a súa utilización nunha segunda xornada.

2. A segunda xornada (a principios de primavera) e coa ocasión d ecelebrar o día da terra, fixemos un conta contos e espallamos as bombas polo xardín do colexio.

De forma ordenada e á orde... lanzaron s bombas de sementes!!!

Bombardeamos o chan ata enchelo de explosións verdes.

A sementes usadas foron todas autóctonas


FACENDO AS BOMBAS


BOMBAS FEITAS

PINTÁMONOS COMO GUERREIROS

LANZAMOS AS BOMBAS

lunes, 27 de abril de 2015

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO

Co gallo do Día do libro no C.P.I. de Panxón repetimos a actividade realizada os cursos pasados é o noso “APADRIÑAMENTO LECTOR III ”. O alumnado de 1º ESO e 5º E 6º de Primaria exerceron de padriños e madriñas de lectura co alumnado de Educación Primaria. Tamén os pequenos lectores leron aos grandes. O equipo da biblioteca elixiu libros do noso Rincón Verde de lectura Medioambiental “Rincón verde. , “Da horta ao prato”.

APADRIÑAMENTO LECTOR III: MADRIÑAS E PADRIÑÓS LECTORES

Levamos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola TERCEIRA edición!!!!). Como é habitual, durante os días previos realizamos os preparativos: os padriños e madriñas escolleron os libros e os prepararon para ler aos afillados/as, os pequenos prepararon os seus agasallos para os seus padriños e madriñas (marcapáxinas alusivos ao noso proxecto documental).

A continuación podedes ver algunhas imaxes de cómo desfrutaron con esta actividade



MARCADORES REALIZADOS POLOS APADRIÑADOS PARA AGASALLAR AOS SEUS PADRIÑOS E MADRIÑAS

 

XINCANA LITERARIA


1º PRIMARIA: SEMENTANDO NOTICIAS

Aproveitando a semana escolar da prensa, os alumnos/as de 1º de primaria levaron a cabo unha actividade de recollida de noticias sobre a horta, o medio ambiente e as pragas ao fío do noso proxecto documental. Ao rematar, coas achegas de todo e todass fixemos un dossier titulado"PLANTANDO NOTICIAS".

2º PRIMARIA:COLLEITA DE CONTOS

Alumos os / as de 2º crearon e ilustraron contos sobre a horta, Nestes puxeron Toda a súa creatividade e imaxinación, Merece a pena votarlle unha pois Ollada Realmente fixeron Un gran traballo. Os Títulos dos seus contos hijo:
- Un encantada horta
- Un pranta con corazón
- Una nena eo Arbore
- O puede, una nena eo Arbore
- Una vella Arbore
- O Tesouro perdido
- Un persoa Que se transformou en plátano
- Un aceiuna Que navegou polos Sete Mares.


ESO INGLES: WORLD FOOD DAY

En relacion co Proxecto deste curso o alumnado de secundaria estivo a traballar e aprender sobre as Causas da fame no mundo, a Importancia do Dereito á Alimentación, e os aspectos que poden Axudar a erradicar a fame e a Desnutrición. 

Máis de 850 Millóns de Personas no mundo pasan famen , estímase que 40 Millóns de Personas morren cada ano a causa da fame e enfermidades relacionadas coa Desnutrición e moitos deles son nenos/as.

O Obxectivo desta actividade foi educar e motivar aos Mozo/as en comportamentos activos na loita contra a fame.



NOTICIARIO DA HORTA E DA NATUREZA

Aproveitando a semana escolar da prensa, os alumnos/as de 1º de primaria levaron a cabo unha actividade de recollida de noticias sobre a horta, o medio ambiente e as pragas ao fío do noso proxecto documental. Ao rematar, coas achegas de todo e todass fixemos un dossier titulado"PLANTANDO NOTICIAS".

REDUCCIÓN DO CONSUMO ENERXÉTICO

Pequenos cartaces realizados polo alumnado na materia de Plástica coa finalidade de reducir o consumo enerxético.

 

RECUNCHO VERDE MEDIOAMBIENTAL

Co Recuncho VERDE do proxecto pretendemos:

 - Avanzar na conciencia da conservación do medio natural e a sostibilidade como medio para frear o cambio climático, promovéndoo dende a lectura, reflexión e análise de textos literarios.
- Reflexionar acerca da necesidade de incorporar os valores relacionados co coidado do medio dende o punto de vista dos textos escritos que ofrecemos a noso alumnado.
 - Ofrecer ao profesorado materiais e suxestións de actividades para realizar co alumnado dende a biblioteca e a aula. Os libros que compoñen o noso Recuncho VERDE pódese ver no seguinte enlace

BIBLIOTECA.

DÍA DA TERRA: GUERREIROS PACÍFICOS DA NATUREZA

Nun proxecto como o deste ano non podíamos esquecernos de celebar o día da terra e fixémolo coa activiidade “Guerreiros pacíficos da natureza” impartida por Lidia Rojo. Empezamos cun conto “O home que plantaba árbores” de Jean Giono na biblioteca. Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar. Despois maquillamos aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria para caracterizalos de verdadeiros guerreiros e saímos ao patio do colexio para lanzar as bombas de sementes (semillas de flores silvestres, barro, terra e auga) no xardín que temos ao lado do noso “Punto Limpo”.





 

jueves, 23 de abril de 2015

MAQUETA DA CARROZA DO ENTROIDO: TECNOLOXÍA



MEMORIA DO TRABALLO REALIZADO PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA DAS CARROZAS DO ENTROIDO

COIDEMOS DO MEDIO AMBIENTE: RECURSOS PRIMARIA

Na seguinte recompilación de recursos encontraredes varios materiais para utilizar en clase (e na casa) cos que os alumnos de Primariaaprenderán a coidar o medio a través da reciclaxe.

1. O vidro non é lixo, recíclao: Esta páxina web contén unha área específica para os docentes que inclúe unha completa guía didáctica con información de interese, ideas para a posta en marcha de talleres e actividades sobre a reciclaxe do vídrio... Losestudantes aprenderán por que é importante reciclar, que é o punto verde ou a cadea de reciclaxe. Tamén conta con varios xogos




2. Ozzy Ozzone: Os seus protagonistas son dúas moléculas, Ozzy eZoe, que a través de sinxelas explicacións e divertidas imaxes falan da capa de ozono, onde se encontra e que son os 'buratos' de ozono. Ademais, os docentes poden utilizar está páxina para traballar o sol, a Terra e os raios uva. A parte teórica compleméntase cunha práctica que reúne varias solucións que axudan a coidar o medio así como unha zona de xogos.



3. A illa de Honoloko: Trátase dunha páxina desenvolvida pola Axencia Europea de Medioambiente para nenos e nenas de ata 12 anos. Está dispoñible en varios idiomas, entre eles o español, e o obxectivo é que os rapaces comprendan que en función dos seus actos e decisións o ámbito e a saúde desta illa pode cambiar en calquera momento (poden comprobalo en tempo real porque os efectos se aprecian rapidamente); incluíronse uns paneis que, dependendo da súa cor, permiten saber se o están a facer ben (verde), regular (laranxa) ou mal (vermello).

4. Aprender a reciclar. recursos e xogos educativos: Inclúe unha colección de fichas coas que os docentes (e tamén as familias) poden explicar a l@s niñ@s de xeito lúdico o xeito correcto de reciclar o papel, o cartón, o cristal, os envases de plástico, restos de comida... e en que colector (amarelo, verde, azul ou gris) se deposita cada un deles.
5.Cómo aprender a reciclar: Este vídeo, no que se utilizou plastilina para facer uns cubos de lixo, trata de explicar onde se depositan os diferentes tipos de residuos. Foi desenvolvido por María Carmen Ayán, Laura Donaire, Arantxa Díaz, Rosa María Moreno e María Teresa Moreno.



Fuente: Educación3.0

martes, 21 de abril de 2015

DÍA DO ÁRBORE

O venres día 20 de marzo celebramos o Día da Árbore, explicamos como coidar os árbores que plantamos no patio hai tres anos para celebrar este día e embelecer o ámbito do noso horto. Tamén falamos da importancia das árbores para o coidado do medio ambiente e regalamos aos alumnos/as semillas de loureiros, castaños e carballos para plantar mais variedades que pronto adornarán o noso patio, para convertelo nun lugar cada vez máis sostible. 

Despois das explicación é como debe ser nesta conmemoración plantamos árbores autóctonos, plantamos as sementes e procedemos a limpeza dos árbores plantados dende fai tres anos




3º primaria: QUE COUSA, COUSIÑA É..?

Os alumnos/as de 3º de primaria tiveron que buscar adiviñas en galego, escribilas e decoralas. o resultado da súa investigación foi o seguinte.

23 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Esta semana celebraremos o Día do libro con dúas actividades especiais organizadas polo departamento de Lingua Castelá do CPI e a Biblioteca:
  • Apadriñamento lector
  • Xincana literaria
Aínda que as dúas actividades xa foron explicadas nas diferentes clases, engadimos un documento coas bases para que as releades e vos resulte máis doada a organización destas.

Nos seguintes enlaces podedes consultar tamén o horario e os grupos de cada curso participante.
Só nos queda dicir;                              Que gañe o mellor!

jueves, 16 de abril de 2015

TRABALLOS NA HORTA: 1º CICLO DE PRIMARIA, PLANTANDO PEMENTOS

1ºPASO: arrincamos todas as malas herbas



2º PASO: tivemos coidado de non arrincar o que xa plantaramos antes





3º PASO: a nosa horta preparámola con herba do patio e agora temos este tipo de animaliños que nos axuda a facer compost



4º paso: Cada alumno/a plantou a súa planta de pementos celtas, arnoia, padrón e as dos tomates
5º paso : fixen regos e prantamos



6º paso : o rematar lle puxemos unas mangueiras para ter rego por goteo



7º paso : prepararon unhas guias naturais ( paos da poda) para que non se torzan as prantas

E a nosa plantación está así

martes, 14 de abril de 2015

1º FASE: O CULTIVO (FARMACIA NATURAL)

Nesta primeira fase, os alumnos/as cultivarán ou seu propio horto de plantas medicinais. Este cultivo realizarase a cegas, é dicir, os alumnos non saberán a especie que están a cultivar en cada unha dás macetas. Só o profesor coñecerá que especie corresponde á cultivada en cada maceta.

PASO A PASO:
1. Introduxemos unha pastilla de turba en cada un dos vasos.



2. Engadimos aproximadamente 75 ml (1/4 do vaso) de auga.
3. Deixamos repousar a turba durante 30 minutos para que absorba a auga.
4. Collemos ás bolsas que conteñen ás sementes. Cada bolsa posúe un número identificativo.



5. Introduxemos ás sementes de cada unha dás bolsas plásticas na turba do vaso que leva ese mesmo número na parte inferior (aproximadamente a 1 cm. dá superficie).

6. Engadimos un pouco de terra en cada un dous vasos para que cubra a pastilla de turba coas sementes.






7. Colocamos ás macetas nun lugar soleado ata que ás sementes boten raíces e xerminen (entre 2 e 4 semanas dependendo da especie).

                                             QUE FAREMOS DESPOIS?
1. Regaremos as plantas cando notemos que a terra está seca (aproximadamente cada 2/3 días). O mellor momento do día para regar ás plantas é a primeira hora dá mañá.
2. Se nun tempo notmos que a turba non é abondo para o crecemento dá planta e que ás raíces dá mesma sobresaen polos laterais, tan só tes que engadir máis terra á maceta.

A HORTA E A POESÍA

A HORTA: 4º PRIMARIA

"O ano pasado plantamos na nosa horta do colexio: berenxenas, cogombros, cabaciñas, pementos, tomates...Tódalas semanas regabamos, arrincabamos as malas herbas e víamos como medraban as hortalizas.
Este ano, no colexio traballabamos o proxecto "Da horta ao prato" e por iso ademais de plantar, regar e arrincar malas herbas...quixemos investigar as características, propiedades, variedades, plagas, enfermidades...das hortalizas.
Coa información que conseguimos, fixemos uns pequenos libriños moi axeitados...E canto aprendemos!

O MES DA POESÍA NO CPI DE PANXÓN

Neste mes de marzo celebrase o día da Poesía e no CPI de Panxón traballamola da seguinte maneira: organizamos varios obradoiros por idades nos que pretendemos achegar aos rapaces e rapazas á literatura, en concreto á poesía, de maneira lúdica e divertida, traballando eles mesmos con textos de poetas galegos, ou que lles permite perderlle ou medo á poesía xogando con ela.

Os poemas cos que estamos a xogar estan intimamente relacionados coa viaxe dos alimentos dende " A HORTA AO PRATO",encadrando así os obradoiros coa temática que se desenvolve este curso no noso proxecto documental.

Son moitos os poetas galegos que teñen dedicado páxinas en verso á gastronomía e aos produtos dá mesma, dende os máis clásicos como Álvaro Cunqueiro ata os máis modernos como Celso Fernández Sanmartín ou Yolanda Castaño. Dá man dous seus versos poderemos achegarnos á poesía galega e xogar con ela.

XOGANDO COS VERSOS

Con esta Este actividade pretendimos achegalos á lectura e escritura de poesía a través de xogos con poemas coñecidos e, no caso dos nenos que teñen habilidade de lectoescritura, a escrita dos seus propios poemas partindo dos versos propostos.

Nun primeiro exercicio, partimos de versos en cores chegados de distindos poemas que os alumnos/as, por grupos, poden colocar para construír os seus propios poemas. No caso dos nenos máis pequenos os versos son mais breves, facilmente comprensibles, e contarán coa axuda do profesorado para lelos. Unha vez que cada grupo tivo o seu poema feito colocámolo nun mural e realizaron debuxos para ilustralos.

Outra das actividades consistiu en completar un poema , presentado nun mural, ao que lle faltan palabras. Para iso empregamos debuxos ou palabras, segundo as idades do alumnado. Ao final limos as nosas creacións e o poema orixinal.
No desenvolvemento dos obradoiros contamos coa guía da Poeta e escritora María Lado.